16 Out O CONCELLO ORGANIZA UNHA REUNIÓN PARTICIPATIVA PARA DESEÑAR AS ACCIÓNS DA AXENDA 2030 NO ROSAL
Organiza este martes 17 ás 19.30 horas no Centro Social Polivalente un encontro participativo aberto a toda a veciñanza
O Concello organiza este martes 17 de outubro unha reunión participativa para deseñar entre todos os veciños e veciñas o futuro do Rosal. Trátase dun encontro no que dar novos pasos cara a implementación da Axenda 2030, un plan estratéxico para a localización, implementación e seguemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no municipio elaborado da man do tecido asociativo, económico e social rosaleiro.
Nos últimos catro anos O Rosal avanzou na mellora do espazo público para as persoas, na creación de espazos de lecer, na eficiencia enerxética, na igualdade e no benestar, na conservación do medio ambiente… todos elos da Axenda 2030 que contribúen a mellorar a vida das perosas e da contorna na que viven.
Para escoitar á veciñanza e seguir dando pasos cara a un futuro mellor, o Concello puxo en marcha este martes un encontro participativo aberto a todas as persoas ás 19.30 horas no Centro Social Polivalente.